Zumaia

Historia

Patrocinadores del club
  • Gipuzkoa
  • Salegi
  • Zumaiko Udala
  • AGERRE
  • Mardu

1975: Nace o club Aita Mari Arraun Elkartea. Foi un 5 de agosto.

1978: O club bótase á auga por primeira vez cunha embarcación, e dende aquela, repite todos os anos coa 'Telmo Deun'.

1981: Gaña a primeira Bandeira: Vila de Bilbao.

1984: Primeira Bandeira da Concha, ao mando de Claudio Etxeberria 'Gorria'. Foi un ano espectacular, xa que Zumaia gañou todas as regatas nas que participou: traíña, traiñeiriñas, bateis... En total, Zumaia fíxose con 30 bandeiras. Son para lembrar as marcas conseguidas ese ano por Zumaia. Nunha delas, en 24 horas, a tripulación venceu en tres regatas e apañou dúas banderas. Gañaron nas dúas xornadas da Ikurriña de Zarautz, e tamén venceron en Portugalete. Noutra ocasión, levaron dúas bandeiras na mesma xeira: ao mediodía, na Coruña, o Trofeo Teresa Herrera, e pola tarde, en Castropol, batendo a marca do campo de regata.

2005: Gañou a Liga Vasca e ascendeu á ACT. Gañaron 10 bandeiras en total, delas dúas na mesmo xeira con dúas embarcacións en Pasaia.

2006.- Primeira participación na Liga San Miguel. 10º posto na clasificación.